DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 14 de outubro de 2026 Páx. 52406

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

DECRETO 99/2026, do 13 de outubro, polo que se dispón que cese Marta Barreiro Castro como secretaria xeral técnica da Consellería do Mar.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de outubro de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Marta Barreiro Castro como secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, trece de outubro de dous mil vinte e seis

O presidente
P.S. (Artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro)
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar