Purificación Penín Fernández, con DNI ***4248**, actuando como presidenta da Comunidade de Augas de Uso Doméstico de Vilaza, por medio deste anuncio convoco o vindeiro día 22 de novembro de 2026, no Centro Cultural de Vilaza (Gondomar, Pontevedra), ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura da acta anterior.
2. Informe da xestión da comunidade.
3. Contas do exercicio 2025.
4. Orzamento do exercicio 2026.
5. Actualización das cotas.
6. Asociación da comunidade a Coxapo.
7. Renovación de cargos na directiva.
8. Facultar a xunta directiva para solicitar subvencións e axudas en nome da comunidade.
9. Rogos e preguntas.
Gondomar, 21 de setembro de 2026
Purificación Penín Fernández
Presidenta da Comunidade de Augas de Uso Doméstico de Vilaza
