No Diario Oficial de Galicia número 124, do 6 de xullo de 2026, publícase a Resolución do 22 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT207C).
De conformidade co artigo 16 bases reguladoras, a resolución será ditada pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), por delegación do Consello Reitor (D.A. do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164, do 29 de agosto) e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 15.
Así mesmo, os artigos 11 e 16.2 das bases establecen que a devandita resolución de concesión deberase publicar no Diario Oficial de Galicia, e producirá os efectos de notificación a todas as persoas interesadas, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Polo exposto, logo da presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 2 de outubro de 2026 a resolución que finaliza o procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 2 de outubro de 2026 de concesión das subvencións ao abeiro da Resolución do 22 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT207C), que se xunta como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 2 de outubro de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante os tribunais de instancia de Santiago de Compostela, sección do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO
Resolución do 2 de outubro de 2026 de concesión das subvencións ao abeiro da Resolución do 22 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT207C)
O día 6 de xullo de 2026, DOG núm. 124, publícase a Resolución do 22 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT207C).
O artigo 3.3 establece que o procedemento de concesión destas subvencións se tramitará en réxime de concorrencia non competitiva, ata o esgotamento do crédito, sen necesidade de prelación de solicitudes entre si, de conformidade co disposto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
O mesmo artigo, no seu punto 4, establece que o criterio de repartición se fará por orde de entrada das solicitudes no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia sempre que reúnan os requisitos establecidos nestas bases para ser persoa beneficiaria.
Desde a data do 17 de xullo de 2026, inicio do prazo de presentación de solicitudes, e ata a súa finalización, o 17 de agosto de 2026, recibíronse as solicitudes que se relacionan no anexo I, e procedeuse ao seu estudo, xunto coa documentación complementaria presentada e/ou requirida, de ser o caso.
Con data do 28 de setembro de 2026, tras a instrución do procedemento, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), dita unha proposta de resolución para ser elevada á Presidencia do Consello Reitor, na que se indican as solicitudes propostas para acadar subvencións e o importe económico que se propón para cada unha delas, tal e como se recolle no anexo III.
Consideracións legais e técnicas:
É competente para a resolución de concesión da axuda o presidente do Consello Reitor de Agadic, de conformidade co disposto na base décimo sexta da Resolución do 22 de xuño de 2026, que establece que a presidencia do Consello Reitor de Agadic deberá ditar unha resolución expresa no prazo de 15 días desde a data da elevación da proposta de resolución.
Todos os expedientes de solicitudes da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia, co código de procedemento CT207C, foron tramitados e estudados conforme ás bases desta.
O importe da axuda ten carácter de minimis, de acordo ao Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L).
Como resultado de todo o proceso, o director de Agadic como órgano instrutor presenta a súa proposta de resolución o día 28 de setembro de 2026.
Por todo o anteriormente exposto, tras examinar a proposta de resolución e de conformidade con ela,
RESOLVO:
1. Declarar admitidas as solicitudes que se relacionan no anexo II.
2. Subvencionar, polos importes que se expresan, as solicitudes que se relacionan no anexo III.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición perante o presidente do Consello Reitor de Agadic. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes se o acto fose expreso ou desde o día seguinte a aquel en que se producise o acto presunto. Unha vez transcorrido o devandito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non fose expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpor un recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
b) Recurso contencioso-administrativo perante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Esta resolución notificaráselle á entidade interesada, de conformidade co establecido na Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.
ANEXO I
Solicitudes presentadas
|
Exp. |
Mod. |
Solicitante |
NIF |
Proxecto |
|
1 |
A |
Nocturama, S.L. |
B70577481 |
Programación Duplex Cinema 2026 |
|
2 |
A |
Ernesto Romero García |
***9629** |
Novocine Leiro |
|
3 |
A |
Séptimo Arte, S.L. |
B36624336 |
Renovación instalaciones M. Norte |
|
4 |
A |
Séptimo Arte, S.L. |
B36624336 |
Renovación instalaciones M. Compostela |
|
5 |
A |
Atlántico Multicines, S.L. |
B41286873 |
Desarrollo actividades salas cinematográficas carácter comercial en Galicia 2026 |
|
6 |
A |
Cine Donde No Hay Cine, S.L. |
B37544145 |
Mantenimiento y promoción del cine en A Mariña |
|
7 |
A |
Ocine Vigo, S.L.U. |
B56542764 |
Programa de dinamización y desarrollo de públicos para el cine gallego, español y europeo |
|
8 |
A |
Sons Galiza Comunicación, S.L. |
B27193093 |
Ven a Codex Cinema, onde o cine se converte en arte |
|
9 |
A |
Ruta de Comunicaciones, S.L. |
B36456200 |
Cinema en A Estrada para tod@s |
|
10 |
A |
Gaper Cines, S.L. |
B36318673 |
Modernización de salas cinematográficas mediante la instalación de sistemas de proyección láser |
|
11 |
A |
Numax, S. Coop. Galega |
F70402490 |
Fortalecemento da programación e difusión do cinema independente europeo e de terceiros países |
|
12 |
A |
Santiago Díaz García |
***5351** |
Cine e Futuro |
|
13 |
A |
Colegio María Auxiliadora Salesianos Vigo |
R3600135B |
Modernización y mantenimiento exhibición cine digital |
|
14 |
A |
Ciproga, S.A. |
A36927259 |
Dinamización y desarrollo de act. comerciais no Cinema Cantones |
|
15 |
A |
Trailer Cines, S.L. |
B27739267 |
Dinamización y desarrollo de act. com. Cinema Cristal |
|
16 |
A |
Novogil, S.L. |
B36912400 |
Dinamización y desarrollo Cine Xunqueira |
|
17 |
A |
Yelmo Films, S.L. |
B82721473 |
Desarrollo de la activ. cinematog. As Termas |
|
18 |
A |
Yelmo Films, S.L. |
B82721473 |
Desarrollo de la activ. cinematog. Travesía Vigo |
|
19 |
A |
Yelmo Films, S.L. |
B82721473 |
Desarrollo y digitalización Vialia Vigo |
|
20 |
A |
Cinesa Compañía de Iniciativas y Espectáculos, S.A. |
A08109506 |
Cinesa Marineda City |
|
21 |
A |
Cinemavigo, S.L. |
B44713261 |
Dinamización Cinema Tamberlick |
|
22 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Pontevella 2026 |
|
23 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Gran Arousa 2026 |
|
24 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Bergantiños 2026 |
|
25 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Barbanza 2026 |
|
26 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Hollywood 2026 |
|
27 |
A |
Exhibiciones Cinematográficas Pato y Miguel, S.L. |
B70383799 |
Cinexpo 2026 |
ANEXO II
Solicitudes admitidas
|
Exp. |
Mod. |
Solicitante |
NIF |
Proxecto |
|
1 |
A |
Nocturama, S.L. |
B70577481 |
Programación Duplex Cinema 2026 |
|
2 |
A |
Ernesto Romero García |
***9629** |
Novocine Leiro |
|
3 |
A |
Séptimo Arte, S.L. |
B36624336 |
Renovación instalaciones M. Norte |
|
4 |
A |
Séptimo Arte, S.L. |
B36624336 |
Renovación instalaciones M. Compostela |
|
5 |
A |
Atlántico Multicines, S.L. |
B41286873 |
Desarrollo actividades salas cinematográficas carácter comercial en Galicia 2026 |
|
6 |
A |
Cine Donde No Hay Cine, S.L. |
B37544145 |
Mantenimiento y promoción del cine en A Mariña |
|
7 |
A |
Ocine Vigo, S.L.U. |
B56542764 |
Programa de dinamización y desarrollo de públicos para el cine gallego, español y europeo |
|
8 |
A |
Sons Galiza Comunicación, S.L. |
B27193093 |
Ven a Codex Cinema, onde o cine se converte en arte |
|
9 |
A |
Ruta de Comunicaciones, S.L. |
B36456200 |
Cinema en A Estrada para tod@s |
|
10 |
A |
Gaper Cines, S.L. |
B36318673 |
Modernización de salas cinematográficas mediante la instalación de sistemas de proyección láser |
|
11 |
A |
Numax, S. Coop. Galega |
F70402490 |
Fortalecemento da programación e difusión do cinema independente europeo e de terceiros países |
|
12 |
A |
Santiago Díaz García |
***5351** |
Cine e Futuro |
|
13 |
A |
Colegio María Auxiliadora Salesianos Vigo |
R3600135B |
Modernización y mantenimiento exhibición cine digital |
|
14 |
A |
Ciproga, S.A. |
A36927259 |
Dinamización y desarrollo de act. comerciais no Cinema Cantones |
|
15 |
A |
Trailer Cines, S.L. |
B27739267 |
Dinamización y desarrollo de act. com. Cinema Cristal |
|
16 |
A |
Novogil, S.L. |
B36912400 |
Dinamización y desarrollo Cine Xunqueira |
|
17 |
A |
Yelmo Films, S.L. |
B82721473 |
Desarrollo de la activ. cinematog. As Termas |
|
18 |
A |
Yelmo Films, S.L. |
B82721473 |
Desarrollo de la activ. cinematog. Travesía Vigo |
|
19 |
A |
Yelmo Films, S.L. |
B82721473 |
Desarrollo y digitalización Vialia Vigo |
|
20 |
A |
Cinesa Compañía de Iniciativas y Espectáculos, S.A. |
A08109506 |
Cinesa Marineda City |
|
21 |
A |
Cinemavigo, S.L. |
B44713261 |
Dinamización Cinema Tamberlick |
|
22 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Pontevella 2026 |
|
23 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Gran Arousa 2026 |
|
24 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Bergantiños 2026 |
|
25 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Barbanza 2026 |
|
26 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Hollywood 2026 |
|
27 |
A |
Exhibiciones Cinematográficas Pato y Miguel, S.L. |
B70383799 |
Cinexpo 2026 |
ANEXO III
Solicitudes subvencionadas e importe das axudas
|
Exp. |
Mod. |
Solicitante |
NIF |
Proxecto |
Subvención |
|
1 |
A |
Nocturama, S.L. |
B70577481 |
Programación Duplex Cinema 2026 |
15.000,00 € |
|
2 |
A |
Ernesto Romero García |
***9629** |
Novocine Leiro |
14.099,30 € |
|
3 |
A |
Séptimo Arte, S.L. |
B36624336 |
Renovación instalaciones M. Norte |
18.000,00 € |
|
4 |
A |
Séptimo Arte, S.L. |
B36624336 |
Renovación instalaciones M. Compostela |
21.000,00 € |
|
5 |
A |
Atlántico Multicines, S.L. |
B41286873 |
Desarrollo actividades salas cinematográficas carácter comercial en Galicia 2026 |
18.000,00 € |
|
6 |
A |
Cine Donde No Hay Cine, S.L. |
B37544145 |
Mantenimiento y promoción del cine en A Mariña |
18.000,00 € |
|
7 |
A |
Ocine Vigo, S.L.U. |
B56542764 |
Programa de dinamización y desarrollo de públicos para el cine gallego, español y europeo |
18.000,00 € |
|
8 |
A |
Sons Galiza Comunicación, S.L. |
B27193093 |
Ven a Codex Cinema, onde o cine se converte en arte |
18.000,00 € |
|
9 |
A |
Ruta de Comunicaciones, S.L. |
B36456200 |
Cinema en A Estrada para tod@s |
15.000,00 € |
|
10 |
A |
Gaper Cines, S.L. |
B36318673 |
Modernización de salas cinematográficas mediante la instalación de sistemas de proyección láser |
13.000,00 € |
|
11 |
A |
Numax, S. Coop. Galega |
F70402490 |
Fortalecemento da programación e difusión do cinema independente europeo e de terceiros países |
15.000,00 € |
|
12 |
A |
Santiago Díaz García |
***5351** |
Cine e Futuro |
10.000,00 € |
|
13 |
A |
Colegio María Auxiliadora Salesianos Vigo |
R3600135B |
Modernización y mantenimiento exhibición cine digital |
6.890,00 € |
|
14 |
A |
Ciproga, S.A. |
A36927259 |
Dinamización y desarrollo de act. comerciais no Cinema Cantones |
18.000,00 € |
|
15 |
A |
Trailer Cines, S.L. |
B27739267 |
Dinamización y desarrollo de act. com. Cinema Cristal |
10.000,00 € |
|
16 |
A |
Novogil, S.L. |
B36912400 |
Dinamización y desarrollo Cine Xunqueira |
18.000,00 € |
|
17 |
A |
Yelmo Films, S.L. |
B82721473 |
Desarrollo de la activ. cinematog. As Termas |
18.000,00 € |
|
18 |
A |
Yelmo Films, S.L. |
B82721473 |
Desarrollo de la activ. cinematog. Travesía Vigo |
18.000,00 € |
|
19 |
A |
Yelmo Films, S.L. |
B82721473 |
Desarrollo y digitalización Vialia Vigo |
18.000,00 € |
|
20 |
A |
Cinesa Compañía de Iniciativas y Espectáculos, S.A. |
A08109506 |
Cinesa Marineda City |
18.000,00 € |
|
21 |
A |
Cinemavigo, S.L. |
B44713261 |
Dinamización Cinema Tamberlick |
18.000,00 € |
|
22 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Pontevella 2026 |
18.000,00 € |
|
23 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Gran Arousa 2026 |
18.000,00 € |
|
24 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Bergantiños 2026 |
15.000,00 € |
|
25 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Barbanza 2026 |
15.000,00 € |
|
26 |
A |
Coruña Films, S.L. |
B15560253 |
Hollywood 2026 |
15.000,00 € |
|
27 |
A |
Exhibiciones Cinematográficas Pato y Miguel, S.L. |
B70383799 |
Cinexpo 2026 |
18.000,00 € |
