DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 14 de outubro de 2026 Páx. 52487

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 2 de outubro de 2026 polo que se lle dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca un concurso público para a elaboración dunha bolsa de emprego para profesorado substituto.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU), nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro), na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 7 de novembro de 2024, e na Normativa que regula as bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 24 de xullo de 2026, este reitorado fai público que pola Resolución do 2 de outubro, se convoca un concurso público para a elaboración dunha bolsa de emprego para profesorado substituto na área de coñecemento de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de outubro de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 28.8.2026)
Luís María Hervella Nieto
Vicerreitor de Profesorado