De conformidade coa proposta formulada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 25 de agosto de 2025 (DOG núm. 173, do 9 de setembro), para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área química-física, pola quenda de acceso libre, logo de comprobar que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de investigación, área química-física, ás persoas que superaron o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.
Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que as persoas aspirantes se encontren en situación de incapacidade temporal, o prazo para asinar o contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, circunstancia que deberá estar acreditada. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, nas que se poderá asinar o contrato.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer demanda no Xulgado do Social no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Non obstante, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou, ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Núm. de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Código |
Posto adxudicado |
Quenda |
Campus |
|
1 |
***7348** |
Serodio Beltrán, Violeta |
PL001325 |
Técnico/a de investigación |
Xornada partida |
Santiago de Compostela |
|
2 |
***6788** |
Lamas Pérez, Alejandro |
PL000394 |
Técnico/a de investigación |
Xornada partida |
Santiago de Compostela |
