DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 15 de outubro de 2026 Páx. 52794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de xullo de 2026 polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario para a instalación dun cargador para vehículos eléctricos e dúas prazas de estacionamento, no porto de Sada (clave 12-13-25-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa a favor de Iberdrola Clientes, S.A.U. para a ocupación do dominio público portuario para a instalación dun cargador para vehículos eléctricos e dúas prazas de estacionamento, no porto de Sada, de acordo coa Resolución de inicio do trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 9.4.2026, con base no documento técnico Proxecto da actividade de prestación de servizos de recarga de vehículos eléctricos nun porto de Galicia, asinado en marzo de 2025 polo enxeñeiro técnico industrial F. Javier Taberner Sanchis, colexiado núm. 8654.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 28 de xullo de 2026

Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia