DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 15 de outubro de 2026 Páx. 52807

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Santiago de Morgadáns

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Eva Llorca Carasa, actuando como presidenta da Comunidade de Usuarios de Augas de Santiago de Morgadáns, convoca o vindeiro 18 de outubro de 2026, no salón parroquial de Morgadáns (no caso de estar ocupado, no palco do Buraquiño), ás 12.00 horas en primeira convocatoria e ás 12.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria para a aprobación, se procede, dos puntos da seguinte orde do día.

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.

2. Informe das obras e actuacións realizadas e pendentes.

3. Situación das arquetas e do abastecemento de auga.

4. Estado das contas da Comunidade.

5. Situación e funcionamento da Xunta de Goberno.

6. Análise e resolución en relación coa acta da asemblea do 17 de setembro de 2023.

7. Asuntos varios: estado da renovación da concesión ante Augas de Galicia; mantemento, accesibilidade e conservación dos contadores.

8. Rogos e preguntas.

Gondomar, 7 de outubro de 2026

Eva Llorca Carasa
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Augas
de Santiago de Morgadáns