De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), por ser descoñecido o enderezo ou logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A15.09892 e cinco máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecer integramente o acto que se notifica e que quede constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previamente a través do enderezo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou do teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións
e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Persoa titular |
Data do acordo |
|
DH.A15.09892 |
32183641V |
17.8.2026 |
|
DH.A36.6285 |
35388100R |
17.8.2026 |
|
E-1156-C (E-1156A-C) |
José Pérez Ramos |
17.8.2026 |
|
DH.A15.19301 |
A28093524 |
17.8.2026 |
|
DH.A15.21412 |
32763017T |
17.8.2026 |
|
DH.A15.23539 |
32340939H |
17.8.2026 |
