DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 15 de outubro de 2026 Páx. 52725

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de maio de 2026 pola que se convoca un proceso selectivo de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número  103, do 4 de xuño de 2026, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 32495, onde di:

«55. Espectroscopía CRDS (Cavity Ring Down Spectroscopy) para a análise de relacións de isótopos estables. Fundamentos e tipos de analizadores. Análise de d18Lo e d13C. Compoñentes e optimización. Estándares e normalización. Vantaxes e limitacións desta técnica fronte á espectrometría de masas de relacións isotópicas».

Debe dicir:

«55. Espectroscopía CRDS (Cavity Ring Down Spectroscopy) para a análise de relacións de isótopos estables. Fundamentos e tipos de analizadores. Análise de δ18O e δ13C. Compoñentes e optimización. Estándares e normalización. Vantaxes e limitacións desta técnica fronte á espectrometría de masas de relacións isotópicas».

Na páxina 32538, no temario específico da praza con código 26-3AInst, escala: técnica especialista de apoio á docencia e á investigación, subescala: análise instrumental, subgrupo C1, debe engadirse o tema:

«37. O Regulamento do CACTI (aprobado no Consello de Goberno do 25 de marzo de 2026)».