Pola Orde do 14 de setembro de 2026 (DOG núm. 175, do 15 de setembro de 2026, con corrección de erros no DOG núm. 177, do 17 de setembro de 2026) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 a 8 e 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 14 de setembro de 2026 e designar a persoa relacionada no anexo a esta resolución para ocupar o posto que se indica.
Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.
A toma de posesión do novo destino deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, ou no prazo de sete días se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.
O cómputo dos prazos iniciarase cando rematen as licenzas ou permisos que, se for o caso, teña concedidos a persoa designada; e no suposto de incapacidade temporal, a partir da data da alta.
Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña a praza, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no apartado anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2026
Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública
ANEXO
Datos do persoal funcionario:
Nome e apelidos: María del Perpetuo Socorro Martín Hierro.
Número de rexistro de persoal: **** 550868 A207E.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (escala superior de finanzas, especialidade de intervención).
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: interventor/a territorial delegado/a.
Código do posto: FC.C07.00.030.15001.002.
Nivel: 30.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma (Intervención Territorial da Coruña).
Localidade: A Coruña.
