De conformidade cos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse, para seren notificadas dos ditos actos administrativos de acordo de inicio do procedemento de reintegro das prestacións, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representan.
Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas ou as persoas que as representen debidamente acreditadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Serra dos Ancares, 68, 27071, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, unha vez notificado o acto administrativo por comparecencia, se observará o disposto na normativa de aplicación reguladora do procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Lugo, 18 de setembro de 2026
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
Procedemento BS210A
|
Número de expediente |
Persoa interesada |
Contido do acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
LU-0000063765 |
76543818W |
Acordo de inicio do procedemento de reintegro de prestacións |
15.7.2026 |
|
LU-0000064592 |
33585794K |
Acordo de inicio do procedemento de reintegro de prestacións |
15.7.2026 |
|
LU-0000059923 |
34163278K |
Acordo de inicio do procedemento de reintegro de prestacións |
15.7.2026 |
|
LU-0000068611 |
10049736R |
Acordo de inicio do procedemento de reintegro de prestacións |
15.7.2026 |
