Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada «LMT, CT e RBT na Pereira e Socastro, no concello de Rois (expediente IN407A 2024/248-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos, con posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa consistorial do referido concello, segundo a data e o horario aproximado que se detalla no anexo.
Ao acto poderán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, en por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF e os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 2 de outubro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/248-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT na Pereira e Socastro.
Concello: Rois.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
5 |
Agranido |
15075B509002380000GD |
Carmen Guimil Fernández |
24.11.2026 |
10.00 |
|
7 |
Rubieiros |
15075B509002410000GD |
Herdeiros de Eugenio Antonio Freire Freire |
24.11.2026 |
10.05 |
|
11 |
Bouza Dega |
15075A086003480000XQ |
Sara Junqueira Rodríguez |
24.11.2026 |
10.25 |
|
15 |
Bouza Dega |
15075A086003460000XY |
Eugenio Antonio Freire Freire |
24.11.2026 |
10.25 |
|
26 |
Camiño de Arriba |
15075A086003210000XL |
Herdeiros de Mercedes Bustelo Miguens |
25.11.2026 |
10.00 |
|
37 |
Cacheiro |
15075A086003050000XZ |
Herdeiros de Mercedes Bustelo Miguens |
25.11.2026 |
10.30 |
|
42 |
Devesa Alta |
15075A086003010000XI |
Herdeiros de Mercedes Bustelo Miguens |
26.11.2026 |
9.45 |
