Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación dun novo apoio na LMTA PAI806, entre os apoios AFGXRXWO//38-2-4 e AFDP2G6A//38-2-5, que figuran no cadro anexo.
As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 5 de outubro de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/205-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Instalación dun novo apoio na LMTA PAI806, entre os apoios AFGXRXWO//38-2-4 e AFDP2G6A//38-2-5.
Concello: A Estrada.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data de ocupación |
Depósito previo |
|
1 |
36017R512005100000QA |
Descoñecido |
7 de novembro de 2026 |
2026/54/241 |
|
2 |
36017R512005090000QY |
Descoñecido |
7 de novembro de 2026 |
2026/54/242 |
