Para lle dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio, comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727, que se realizarán na casa do concello do Porriño segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que se detalla máis abaixo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, co seu DNI/NIF, así como cos documentos acreditativos da titularidade.
Pontevedra, 5 de outubro de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/162-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Substitución apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727.
Concello: O Porriño.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Persoa titular |
Data |
Hora |
|
1 |
36039A036003300000DI |
Pereiras |
Descoñecida |
13 de xaneiro de 2027 |
13.00 |
|
3 |
36039A036003030000DU |
Novas |
Descoñecida |
13 de xaneiro de 2027 |
13.00 |
|
4 |
36039A036003040000DH |
Novas |
Herdeiros de José Luis Alonso Serodio |
13 de xaneiro de 2027 |
13.00 |
|
5 |
36039A036003050000DW |
Novas |
Descoñecida |
13 de xaneiro de 2027 |
13.00 |
