Iluminada Lado Castro, en calidade de presidenta da Comunidade de Usuarios da Auga do Ézaro, informa da exposición pública dos estatutos da devandita Comunidade durante trinta días no taboleiro de anuncios do Concello de Dumbría. Así mesmo, convoca a todas as persoas usuarias da comunidade á asemblea xeral extraordinaria que terá lugar o 14 de novembro de 2026, ás 17.00 horas en primeira convocatoria e ás 17.30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
– Aprobación dos estatutos.
O Ézaro, Dumbría, 9 de outubro de 2026
Iluminada Lado Castro
Presidenta da Comunidade de Usuarios da Auga do Ézaro
