DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 16 de outubro de 2026 Páx. 52948

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO das bases de convocatoria de sete prazas de auxiliar xerocultor/a correspondentes á OPE 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 230, do 8 de outubro de 2026, publicáronse integramente as bases do proceso de provisión de sete prazas de auxiliar xerocultor/a para o organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, dependente do Concello de Sarria, adscrita ao posto 03.01.01, incluída na OPE do ano 2023, con persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do organismo autónomo (https://residenciamaioresnosasradocarme.sedelectronica.gal).

Sarria, 8 de outubro de 2026

Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde