DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 19 de outubro de 2026 Páx. 53024

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de condución.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de condución, pola Resolución do 8 de maio de 2026 (DOG núm. 89, do 15 de maio), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de condución, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo C2, escala auxiliar de condución

– Tribunal titular:

• Presidencia: Luis Miguel Barreiro Ares, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

• Secretaría: José Antonio Cotelo Veira, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

• Vogais:

María del Mar Quintela Rivadulla, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Iria Seoane Leal, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Alberto Varela Castro, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

– Tribunal suplente:

• Presidencia: Jesús Fernández Díez, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

• Secretaría: José Luis Soto Campos, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

• Vogais:

Antonio Tejada López, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

María Soledad Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Natividad Silva González, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.