DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 20 de outubro de 2026 Páx. 53156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de redacción das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 2026/068-1).

Logo de outorgarse a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT no lugar de Raxás, no concello de Bergondo (expediente IN407A 2026/068-1), mediante a resolución deste departamento territorial do 15 de xuño de 2026 a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15000 A Coruña, este departamento territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa e co artigo 56 do seuegulamento, do 26 de abril de 1957,

ACORDA:

Sinalar o día 12 de novembro de 2026 para a redacción das actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Bergondo, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 7 de abril de 2026, no Boletín Oficial da provincia do 23 de marzo de 2026 e no xornal La Voz de Galicia do 27 de marzo de 2026. A este acto poderán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, que serán notificadas individualmente e ás que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior redacción das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, logo de intentar esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 28 de setembro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña