DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 20 de outubro de 2026 Páx. 53160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello de Toén (expediente IN407A 2026/096-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 15.1.2025 en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado número 1534 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Adecuación LMTA DC CAS806 no tramo entre os apoios núms. D137-1 e D137-7 (Toén).

Situación: lugar de Barazal, concello de Toén (Ourense).

Orzamento: 34.675,45 €.

Características técnicas:

– Substitución, na LMTA DC CAS806, dos apoios existentes núm. D137-2, núm. D137-4, núm. D137-5 e núm. D137-6, por novos apoios proxectados, de celosía metálica do tipo C-22/3000, C-22/3000, C-20/7000 e C-18/2000, respectivamente.

– Eliminación do apoio existente núm. D137-3.

– Substitución, na LMTA DC CAS806, do condutor existente entre os apoios proxectados núm. D137-2 e núm. D137-6, instalando 485 m de novo condutor LA-110.

Cumpríronse os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo); e mais na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Na súa virtude, esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción para as devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, así como aos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, consonte o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 28 de setembro de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense