DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 21 de outubro de 2026 Páx. 53226

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a dúas encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) para executar durante os anos 2026, 2027 e 2028.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas de xestión:

1. Resolución do 22 de xullo de 2026, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a prestación dun servizo de elaboración dun borrador de anteproxecto para a regulación da acuicultura mariña en Galicia.

– Actividade: a realización pola Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) das accións para dar o servizo de elaboración dun borrador de anteproxecto para a regulación da acuicultura mariña en Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 28 de xullo de 2026 ata o 30 de novembro de 2026.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, aplicación orzamentaria 16.02.723A.641.2, e con código de proxecto 2024 00155. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

2. Resolución do 17 de setembro de 2026, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a coordinación de accións de mellora da capacitación das asociacións de produtores de mexillón.

– Actividade: mellora da capacitación das asociacións de produtores de mexillón mediante o desenvolvemento das actuacións necesarias para realizar a transferencia de resultados do proxecto APROMEX ás asociacións de produtores de mexillón de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 22 de setembro de 2026 ata o 30 de setembro de 2028.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicios 2026, 2027 e 2028, aplicación orzamentaria 16.02.723A.641.2 e con código de proxecto 2024 00155.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2026

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar