DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 21 de outubro de 2026 Páx. 53224

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a un encargo ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) para executar durante os anos 2026 e 2027.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselle publicidade á seguinte encomenda de xestión:

Resolución do 1 de outubro de 2026, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) xestionar o servizo de engorda de ameixa en batea nas rías de Galicia.

– Actividade: realización dos traballos para xestionar o servizo de engorda de ameixa en batea nas rías de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomenda: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 2 de outubro de 2026 ata o 1 de outubro de 2027.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2026 e 2027, aplicación orzamentaria 16.03.723A.604.2, e con código de proxecto 2026 00107. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2026

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar