Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse a todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo a un predio afectado pola instalación eléctrica denominada «Regulamentación LMTA PRS811 no treito entre os apoios núm. 22 e núm. 25 (Celaguantes)», na Casa do Concello da Peroxa, segundo a data e a hora que se indican no anexo.
As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará mediante transferencia o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.
Ourense, 6 de outubro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/48-3.
Instalación: Regulamentación LMTA PRS811 no treito entre os apoios núm. 22 e núm. 25 (Celaguantes).
Concello: A Peroxa.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Convocatoria:
Data: 24 de novembro de 2026.
Lugar: Casa do Concello da Peroxa.
Hora: véxase a táboa.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Hora |
|
2 |
Pena Longa |
32060A075001670000QD |
Concepción Quintela Rodríguez |
12.30 |
