Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de notificación da sede electrónica deste colexio oficial ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta resolución notifícaselle á persoa interesada o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento delas.
Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da lei mencionada. O expediente relacionado están á disposición da persoa interesada para que, se é o caso, poida consultalos no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sito na rúa Espiñeira número 10, baixo, 15706 Santiago de Compostela.
Advírtese a persoa interesada de que contra as resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou as resolucións obxecto do recurso, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026
Mª Rosa Álvarez Prada
Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
ANEXO
Expedientes: CED 02/2026 e CED 03/2026.
Nome e apelidos: Emanuel Silva Fonseca.
NIE: ****6964*.
