Mediante a Resolución reitoral do 11 de xuño de 2026 (DOG do 19 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir doce prazas na escala de xestión da USC, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de promoción interna. O aspirante Rubén José Regueira Gay é admitido provisionalmente en virtude de auto xudicial.
Segundo. Indicar que a citada lista provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaran a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
