Mediante a Resolución da Alcaldía do 14 de outubro de 2026 (núm. 2026-1680) acordouse nomear persoal funcionario de carreira, para as prazas de auxiliar administrativo, grupo C, subgrupo C-2, escala da Administración xeral, subescala auxiliar, convocadas na oferta de emprego público de 2022, pola quenda libre, con expresión dos postos que se adxudican, a:
|
Apelidos e nome |
Posto adxudicado |
|
Francisco Javier Figueiras Figueroa (DNI ***6095**) |
Código 02.02.00.03 |
|
Sonia María Amoedo Domínguez (DNI ***1246**) |
Código 01.01.01.02 |
Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante a Sección do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, as persoas interesadas tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.
Tui, 14 de outubro de 2026
Enrique Cabaleiro González
Alcalde
