DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de setembro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vilaboa (expediente DH.A36.117775).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Lucía Martínez Crespo.

Expediente: DH.A36.117775.

Volume total anual: 350,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,25 l/s.

Destino: rega.

Orixe: pozo na parcela 539 do polígono 27 do catastro de Vilaboa.

Lugar: O Canaval.

Parroquia: Figueirido.

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga, captada mediante pozo barrena, bombéase para rega das parcelas 539, 548, 549, 551, 552, 594, 595 e 596 do polígono 27 do catastro de Vilaboa.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira, 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 11 de setembro de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur