DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 23 de outubro de 2026 Páx. 53528

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se lle dá publicidade á modificación da Resolución do 19 de outubro de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 20 de outubro) pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade, convocado pola Resolución do 9 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 70, do 16 de abril).

Mediante a Resolución do 19 de outubro de 2026 (DOG num. 199, do 20 de outubro), fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade, convocado pola Resolución do 9 de abril de 2026 (DOG núm. 70, do 16 de abril).

En vista dos escritos presentados con posterioridade á publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluidas para este proceso selectivo,

DISPOÑO:

Modificar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, na especialidade de vixilancia de estradas.

A listaxe con estas modificacións poderase consultar no portal web corporativo (funcionpublica.xunta.gal).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas na ligazón fides.xunta.gal

Contra esta resolución poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal