DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 23 de outubro de 2026 Páx. 53440

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 14 de outubro de 2026 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2025/26 convocados pola Orde do 27 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 105, do 8 de xuño).

A Orde do 27 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2025/26 (DOG núm. 105, do 8 de xuño) establece no seu artigo 20.2 que a persoa titular do Servizo de Avaliación do Sistema Educativo elevará a proposta de adxudicación dos premios á persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicada a relación definitiva do alumnado admitido que inclúe as súas cualificacións definitivas obtidas na proba PEE, e vista a proposta de adxudicación dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2025/26 da persoa titular do Servizo de Avaliación do Sistema Educativo, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2025/26, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 27.5.2026; DOG núm. 105, do 8 de xuño)
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2025/26

DNI/NIE

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro educativo

Importe

***4736**

Álvarez Iglesias, Javier

15027903

IES Eduardo Blanco Amor

1.000 €

***3128**

Ferradás Lema, Daniel

15003212

IES Agra de Raíces

1.000 €

***1145**

García Gil, Sarela

32009131

IES Universidade Laboral

1.000 €

***6645**

González Álvarez, Daniel

32009116

IES 12 de Outubro

1.000 €

***0058**

González Fernández, Daniela

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

***0240**

González García, Luis Alberto

15004642

CPR Plurilingüe Santa María del Mar

1.000 €

***6446**

López García, Mateo

32008604

CPR Plurilingüe Santa María

1.000 €

***2688**

López Leal, Emilia

36006717

IES Sánchez Cantón

1.000 €

***2267**

Lozano Meilán, Martín

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

1.000 €

***7768**

Méndez Varela, Luis

36006717

IES Sánchez Cantón

1.000 €

***4946**

Otero Iglesias, Jacobo

36006717

IES Sánchez Cantón

1.000 €

***7765**

Pérez Pérez, Diego

36014520

IES Plurilingüe Pedra da Auga

1.000 €

***3133**

Piñeiro Degan, Ileana Alba

15014738

CPI Plurilingüe dos Dices

1.000 €

***0251**

Polo Freire, Felipe

15027228

IES María Casares

1.000 €

***6852**

Rodríguez Villar, Pedro

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

***7038**

Romay Cimadevila, Clara

36006729

IES Valle-Inclán

1.000 €

***7252**

Sánchez Suárez, Xián

36002359

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

1.000 €

***3303**

Vázquez Anchelergues, Javier

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

1.000 €

***9158**

Viana Vázquez, María

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

***1104**

Viñas Lorenzo, Diego

36020131

IES de Mos

1.000 €