De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da concesión das bolsas convocadas pola Orde do 1 de outubro 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan dúas bolsas de formación en materia de investigación mariña para persoas con titulación superior (código de procedemento PE609E).
As bolsas terán unha duración de dous anos, desde o 30.12.2025 ao 29.12.2027, sen posibilidade de prórroga.
O seu financiamento farase con cargo á partida orzamentaria 16.03.561A.480.0 (proxecto 2013 00688) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2026
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María de los Ángeles Vázquez Suárez
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
|
Persoa beneficiaria |
NIF |
Importe da bolsa |
|
López Bascoy, Pablo |
***7068** |
28.800,00 € |
|
Sequeiros Vázquez, María |
***2180** |
28.800,00 € |
