DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2026 Páx. 53805

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 19 de outubro de 2026 pola que se fan públicos os Premios Deporte Galego do ano 2025.

No Diario Oficial de Galicia núm. 167, do 3 de setembro de 2026, publicouse a Orde do 27 de agosto de 2026, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan os Premios Deporte Galego do ano 2025.

Unha vez pechado o prazo de presentación de propostas, o 14 de outubro de 2026 tivo lugar a sesión do xurado cualificador, que emitiu o seu acordo de concesión dos ditos Premios Deporte Galego da edición correspondente ao ano 2025.

Conseguintemente, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar o acordo do xurado cualificador dos Premios Deporte Galego do ano 2025.

Segundo. Esta lista expoñerase na páxina web https://deporte.xunta.gal e será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a orde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2026

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

Nº

Categoría

Deporte

Premiados/as

1

Mellor deportista feminina

Atletismo

Ana Peleteiro Brión

2

Mellor deportista feminina con discapacidade

Tríatlon

Susana Rodríguez Gacio

3

Mellor deportista masculino

Piragüismo

Jaime Duro Pichel

4

Mellor deportista masculino con discapacidade

Piragüismo

Nicolás Martínez Adega

5

Mellor deportista feminina revelación

Baloncesto

Inés Sotelo Míguez

6

Mellor deportista masculino revelación

Automobilismo

Christian Costoya Sanabria

7

Mellor equipo feminino

Balonmán

Club Balonmán Porriño

8

Mellor equipo masculino

Fútbol

Real Club Celta de Vigo SAD

9

Mellor equipo inclusivo

Fútbol

Genuine Racing Club Villalbés

10

Mellor entidade na promoción do deporte base

Multideporte

Agrupación Deportiva de Deporte Base Baixo Miño (Agrudebam)

11

Mellor adestrador/a

Fútbol

Claudio Giráldez González

12

Mellor árbitro/a ou xuíz/a

Ximnasia

Zeltia García Ben

13

Mellor labor informativo

-

Terio Carrera Amil

14

Mellor evento deportivo

Ciclismo

O Gran Camiño-The Historical Route

15

Premio ao patrocinio deportivo

-

Pescamar

16

Premio ao xogo limpo

Piragüismo e balonmán

Martín Jácome Couto e Federación Galega de Balonmán (ex aequo)

Premio Galicia saudable ás entidades destacadas no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa:

17

Entidade de carácter público

-

Concello de Pastoriza-Escolas Deportivas Municipais

18

Entidade de carácter privado

Piragüismo

ADC Bolboretas A Coruña Dragón Boat BCS

19

Entidade educativa

-

CPI Dr. López Suárez de Friol