Mediante a Orde do 3 de xuño de 2026, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 116, do 23 de xuño, establecéronse as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e procedeuse á súa convocatoria para a anualidade 2026.
A devandita orde establece no seu artigo 16.3 que a concesión das subvencións se realizará en réxime de concorrencia non competitiva, nos termos previstos no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o cal as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento e ata o esgotamento do crédito orzamentario.
En base ao artigo 16.4, da Orde do 3 de xuño de 2026, os expedientes de subvencións resolvéronse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas. Non obstante, naqueles supostos en que se lles requiriu ás persoas solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada ou, no caso de que se presentasen documentos posteriores, entenderase por data de rexistro de entrada da solicitude a data en que se atendese correctamente o devandito requirimento ou na que se achegase o documento posterior á solicitude.
Pola súa parte, o artigo 28.2 da Orde do 3 de xuño de 2026 establece que, no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará esta circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da consellería.
Unha vez esgotados os recursos económicos destinados ás axudas previstas na Orde do 3 de xuño de 2026, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e pola que se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026, nas aplicacións orzamentarias 14.04.324C.471.0, á que se imputan os conceptos subvencionables establecidos nos números 1, 2, 3, 4 e 5 do artigo 6 das bases reguladoras, así como os incrementos regulados no seu artigo 7.2, e na aplicación orzamentaria 14.04.324C.771.0, á que se imputan os conceptos subvencionables establecidos nos números 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13 e 14 do artigo 6 das bases reguladoras,
DISPOÑO:
Primeiro. Facer público que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas recollidas na Orde do 3 de xuño de 2026 se esgotou na aplicación orzamentaria 14.04.324C.471.0 o 21 de setembro de 2026, coa solicitude presentada ás 13.10 horas, e na aplicación orzamentaria 14.04.324C.771.0, o 6 de xullo de 2026, coa solicitude presentada ás 11.22 horas.
Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou ata que se produza o desacollemento presunto do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2026
Marta Vázquez Guzmán
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
