DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2026 Páx. 54155

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se lle dá publicidade á modificación da encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión das actuacións necesarias en relación co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de interese autonómico denominado Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360.

En virtude do establecido nos artigos 9 e 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á seguinte modificación de encomenda:

– Resolución do 9 de outubro de 2026, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se modifica a Resolución do 7 de xaneiro de 2026 pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións necesarias en relación co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de interese autonómico denominado Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360.

– Prazo de vixencia: modifícase a condición sexta do anexo, que queda redactada do seguinte xeito:

O período de vixencia desta encomenda estenderase desde o día seguinte ao da súa sinatura ata a fixación do prezo xusto e a ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, de conformidade co previsto na lexislación de ordenación territorial.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2026

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia,
Xustiza e Deportes