DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2026 Páx. 54789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 16 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 165525 e oito máis).

Tentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para a constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer, no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias do Departamento Territorial (Tarxeta Sanitaria), sito na avenida de Zamora, 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerará que desisten da súa petición.

Ourense, 16 de outubro de 2026

Laura López del Castillo
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

165525

Z4346549Z

17.8.2026

161423

197606366

21.8.2026

165924

A71258522

24.8.2026

166432

GO016388

31.8.2026

166430

GN695502

31.8.2026

164415

PR0179657

31.8.2026

169472

ENVJTN3M200061805075G

21.9.2026

169239

199582114

22.9.2026

166426

3M54HHVEX00060473443A

24.9.2026