Na sesión que tivo lugar o día 27 de outubro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 6 de outubro de 2025 (DOG núm. 197 do 13 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 220, do 20 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións acadadas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade coa base 4.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.
Segundo. Elevar esta resolución á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Terceiro. De conformidade co disposto na base 3.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2026
Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal
ANEXO
Listaxe de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2
|
|
DNI |
Apelidos e nome |
1º exercicio |
2º exercicio |
Total |
|||
|
Acertos parte xeral |
Acertos parte específica |
Total |
Puntuacións |
|||||
|
1 |
***6001** |
Rodríguez Zlobina, Olesya |
16 |
19 |
35 |
73,33 |
10,00 |
83,33 |
|
2 |
***0104** |
Gulías García, Silvia |
13 |
21 |
34 |
71,67 |
10,00 |
81,67 |
|
3 |
***2426** |
Riguera Arias, Eva |
11 |
18 |
29 |
63,33 |
10,00 |
73,33 |
|
4 |
***2882** |
Quintela Quintela, Pablo |
12 |
17 |
29 |
63,33 |
10,00 |
73,33 |
