DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 4 de novembro de 2026 Páx. 55508

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026 pola que se aproba a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, polo sistema de concurso-oposición, no grupo I, categoría titulado/a superior, convocado pola Resolución do 15 de setembro de 2026.

Mediante a Resolución do 15 de setembro de 2026 (DOG núm. 181, do 23 de setembro), o consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) convocou un proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, polo sistema de concurso-oposición, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio ACSUG.

A base I.4.1 da convocatoria establece que «unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da dirección de ACSUG aprobará as listas provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan. Estas listas publicaranse no portal web corporativo acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal ».

De conformidade co disposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e publicar a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo.

A relación de persoas admitidas e excluídas figuran como anexos I e II, respectivamente, desta resolución e publicarase no portal web corporativo do consorcio acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal

Segundo. As persoas aspirantes que non acreditasen estar en posesión do certificado do Celga 4, ou dunha certificación equivalente homologada, deberán superar dúas probas sobre o coñecemento da lingua galega nos termos establecidos na base II da convocatoria. Non obstante, e de conformidade co indicado na citada base II, estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que posuían, o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o certificado do Celga 4 ou unha certificación equivalente debidamente homologada, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas, ou aquelas que non figuren nin como admitidas nin como excluídas, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou, se procede, para acreditar que están en posesión do certificado do Celga 4 ou dunha certificación equivalente homologada.

Cuarto. O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2026

José Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

ANEXO I

Lista provisional de persoas admitidas

Posto: técnico/a de profesorado.

DNI

Nome e apelidos

Celga 4

***5982**

Cabezas Vilas, María Jesús

Si

***8896**

Maceiras Martínez, María Manuela

Si

***6680**

Pombo Balsa, Cristina

Si

***0763**

Silva Tojo, María Lourdes

Si

Posto: técnico/a de programas.

DNI

Nome e apelidos

Celga 4

***9671**

Domínguez Martínez, Santiago

Si

***8843**

Iglesias Pérez, Montserrat

Si

***0005**

Lorenzo Periscal, María de los Ángeles

Si

***8917**

Parra Fernández, Álvaro

Si

***6680**

Pombo Balsa, Cristina

Si

***6017**

Rodríguez Doval, Iris

Si

***7393**

Sáenz-Díez Martín de Vidales, Diego

Si

***6110**

Vázquez Froján, Luisa María

Si

ANEXO II

Lista provisional de persoas excluídas

Posto: técnico/a de programas.

DNI

Nome e apelidos

Celga 4

Causa de exclusión

***0920**

Sieiro Froiz, Jorge

Si

(1)

(1) Falta de presentación do xustificante bancario de ter aboada a taxa correspondente e/ou do documento xustificativo da exención total ou parcial desta (base I.3.3.d da convocatoria).