DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 4 de novembro de 2026 Páx. 55520

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 27 de outubro de 2026 da publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos.

A Universidade de Vigo convocou, mediante a Resolución reitoral do 22 de maio de 2026 (DOG do 4 de xuño), un proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, anúnciase a publicación, no taboleiro electrónico de anuncios da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml da relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, e da composición dos tribunais cualificadores.

Con carácter unicamente informativo tamén se publicará na seguinte páxina web: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/tipo/convocatorias-pas

Vigo, 27 de outubro de 2026

María Carme García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo