Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de ampliación da clasificación do monte coas seguintes características:
– Expediente: 4/2026.
– Denominación: Carboeiro.
– Comunidade propietaria: veciños/as de Casa do Monte, Macedo e Parellas.
– Parroquia: Os Condes.
– Concello: Friol.
– Superficie da ampliación: 1,01 hectáreas.
Na seguinte táboa, diferenciadas en oito zonas, indícanse as referencias catastrais das parcela obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Estrema |
Parcelas estremeiras |
|
27020A42200024 |
Norte |
27020A42209005 27020A42209006 |
|
Leste |
27020A42209005 |
|
|
Sur |
27020A42209008 |
|
|
Oeste |
27020A42209006 |
En virtude do acordado polo Xurado na sesión do 12.6.2026 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.
Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Lugo, 16 de outubro de 2026
Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo
