O Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria fai público que, mediante unha resolución do director xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, outorgóuselle a Cubiertas de Pizarras Reunidas y Agrupadas de Exportación, Sociedad Limitada (en diante, Cupire Padesa, S.L.) o permiso de investigación que se indica, no cal concorren as seguintes circunstancias:
Expediente: Padesa II 2ª fracción núm. 4088.
Recurso que se investiga: recursos da sección C, lousa.
Empresa: Cupire Padesa, S.L.
Período de duración: tres anos.
Termos municipais: Carballeda de Valdeorras (Ourense) e Benuza (León).
Superficie: sete (7) cuadrículas mineiras.
O que se fai público para o xeral coñecemento, de conformidade co previsto no artigo 78.2 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e no artigo 101.5 do Regulamento xeral para o réxime da minería (Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto).
Así mesmo, atendendo ás obrigas de publicidade fixadas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, o texto poderá examinarse no portal de transparencia da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
https://edicionintpor.xunta.gal/web/portal-conselleria6/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras
Ourense, 7 de setembro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
