Unha vez rematadas as fases de oposición e de concurso, e de conformidade coa proposta formulada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso na escala técnica superior de administración, con requisito de idioma, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre, e logo de comprobar que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, en virtude do disposto no artigo 85 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,
RESOLVO:
Primeiro. Nomear funcionarios/as en prácticas da escala técnica superior de administración, con requisito de idioma, subgrupo A1, as persoas aspirantes propostas que se relacionan no anexo desta resolución, con efectos económicos e administrativos do día 16 de novembro de 2026, data na que comezará o período de prácticas e ata a finalización deste.
Segundo. As prácticas terán carácter obrigatorio e eliminatorio segundo se determina no anexo I da Resolución do 9 de xuño de 2025 pola que se convocaban as probas selectivas.
Terceiro. O período de prácticas desenvolverase nunhas datas e horario que, con carácter xeral, non cubrirá a totalidade da xornada de traballo, polo que esta deberá completarse desempeñando o posto de traballo en que está nomeado o persoal, coas excepcións previstas para as distintas situacións administrativas.
Cuarto. A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas funcionarias en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Quinto. Deberase formular a opción para a percepción das remuneracións en canto persista a súa condición de funcionarios/as en prácticas, de conformidade co previsto no citado decreto.
Sexto. Por resolución da Xerencia convocarase o período en prácticas e ditaranse as instrucións oportunas para o seu desenvolvemento.
O tribunal, de conformidade co previsto no anexo I da convocatoria das probas selectivas e á vista dos informes vinculantes do profesorado, declararán aptas ou non aptas as persoas aspirantes.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Relación definitiva de persoas aspirantes seleccionadas
por orde de puntuación nas fases de concurso e oposición
|
Núm. de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***6531** |
Agrelo Rodríguez, Francisco Gabriel |
|
2 |
***7539** |
Cendán Rojo, María |
|
3 |
***6659** |
López Giménez, María |
