O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro de 2016), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no primeiro e segundo cuadrimestre do exercicio 2026, a cal se anexa a esta resolución.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2026
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
|
Convenio |
Data |
Importe (€) |
|||
|
2026 |
2027 |
2028 |
2029 |
||
|
Convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca (SGR) |
14.1.2016 |
300.000,00 |
450.000,00 |
||
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Confederación de Empresarios de Galicia para a xestión do servizo de licitacións internacionais |
18.1.2026 |
80.000,00 |
|||
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación Empresarial de Lugo (CEL) para a prestación de servizos ás pemes no marco da iniciativa Conecta Lugo |
23.1.2026 |
140.000,00 |
|||
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) para a prestación de servizos ás pemes no marco da iniciativa Conecta Ourense |
23.1.2026 |
140.000,00 |
|||
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega) para a competitividade do sector téxtil-moda galego |
23.1.2026 |
140.000,00 |
|||
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación de CC.RR. Vitivinícolas Gallegos y de las II.GG. Aguardientes y Licores Tradicionales de Galicia (Acruaga), en materia de promoción, formación e asesoramento dos viños de Galicia durante o período 2026-2027 |
26.1.2026 |
125.000,00 |
125.000,00 |
||
|
Acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a entidade Unión de Cooperativas EspazoCoop para facilitar e axilizar a implantación, posta en marcha e desenvolvemento das iniciativas empresariais en Galicia |
20.3.2026 |
Sen achega económica |
|||
|
Convenio entre a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), a Asociación Círculo de Empresarios de Galicia (Círculo), a Asociación Club de Empresarios y Ejecutivos de Galicia (Nordés), o Club Financiero de Santiago (CFS) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a mellora das competencias directivas |
10.4.2026 |
148.100,00 |
|||
|
Acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a entidade Asociación de Executivas de Galicia para facilitar e axilizar a implantación, posta en marcha e desenvolvemento das iniciativas empresariais en Galicia |
6.5.2026 |
Sen achega económica |
|||
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster Naval de Galicia para a organización de actividades na feira Navalia 2026 |
18.5.2026 |
50.000,00 |
|||
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster del Granito de Galicia para a organización de actividades na feira Stonegal 2026 |
22.5.2026 |
50.000,00 |
|||
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para a celebración do programa de aceleración da internacionalización de pemes Galicia Avanza, relativo ás convocatorias 2026 e 2027 |
27.5.2026 |
65.010,76 |
599.784,14 |
505.598,39 |
|
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Española de Mayoristas Importadores, Exportadores y Transformadores de Productos de la Pesca y Acuicultura (Conxemar) para a organización conxunta dun programa de compradores na feira Conxemar 2026 |
29.5.2026 |
50.000,00 |
|||
|
Addenda para a prórroga do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Banco Santander, S.A. para impulsar a colaboración coa Oficina Económica de Galicia en proxectos empresariais |
3.6.2026 |
Sen achega económica |
|||
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U. (XesGalicia) e a Asociación Clúster Saúde de Galicia (CSG) para a posta en marcha do foco de emprendemento nos sectores sanitario e sociosanitario (Business Factory Health&Care-BFHC) |
3.6.2026 |
454.580,00 |
767.928,00 |
583.600,00 |
|
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U. (XesGalicia), a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) e a Asociación Clúster Galego da Industria e Servizos de Apoio ao Desenvolvemento das Enerxías Renovables e a Sostibilidade Enerxética (Cluergal) para a posta en marcha do foco de emprendemento no sector das enerxías renovables e a súa cadea de valor (Business Factory Energy-BFE) |
10.6.2026 |
416.000,00 |
488.000,00 |
488.000,00 |
|
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U. (XesGalicia) e a Asociación Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) para a posta en marcha do foco de emprendemento no sector biotecnolóxico (Business Factory Biotrack-BFBiotrack) |
11.6.2026 |
582.000,00 |
696.000,00 |
696.000,00 |
|
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster da Función Loxística de Galicia para a execución de actividades da Estratexia integral de optimización loxística de Galicia |
3.7.2026 |
60.000,00 |
80.000,00 |
||
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para o desenvolvemento de contidos vinculados á actividade do Igape e dos diferentes axentes que compoñen o mapa empresarial, industrial e da innovación da Comunidade galega |
3.8.2026 |
125.000,00 |
|||
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Universidade de Santiago de Compostela para a análise estratéxica e adaptación a Galicia da nova estratexia económica e de competitividade da UE |
3.8.2026 |
50.000,00 |
|||
|
Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) para o impulso a proxectos de automoción en Galicia |
31.8.2026 |
90.000,00 |
70.000,00 |
70.000,00 |
130.000,00 |
