DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56071

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 5 de novembro de 2026 pola que se nomea directora territorial na provincia de Ourense a María José Fernández Laso.

En virtude do establecido no artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 11.5 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia, e atendendo aos criterios establecidos na normativa citada,

Nomeo directora territorial da Consellería de Política Social e Igualdade na provincia de Ourense a María José Fernández Laso.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2026

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Política Social e Igualdade