DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 5 de outubro de 2026, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de trámite de información pública do convenio urbanístico de execución de planeamento, zona 4, praza de España, sobre as parcelas sitas na praza de España entre a rúa Puerto Rico (norte) e a avenida de Madrid (sur e oeste) (expediente 5354/401).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na súa sesión ordinaria do día 21 de novembro de 2025, acordou aprobar o proxecto de texto inicial, que figura anexo á súa certificación, co seguinte título: Proposta de convenio urbanístico de execución de planeamento, zona 4, praza de España, sobre as parcelas sitas na praza de España, entre a rúa Puerto Rico (norte) e a rúa avenida de Madrid (sur e oeste), a subscribir entre a Xerencia municipal de Urbanismo do Concello de Vigo e a mercantil Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.A.U., e Francisco, Manuel, e Augusto Rodríguez Criado.

O dito convenio asinouse, nas dependencias municipais da Xerencia municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con data do 22 de xaneiro de 2026.

A concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda do Concello de Vigo, mediante Resolución do 2 de outubro de 2026, acordou a corrección do Asunto/título do Convenio zona 4, praza de España, coas especificacións que a seguir se relacionan,

«Onde di:

«(...) Zona 4. Proposta de convenio urbanístico para a execución do planeamento sobre as parcelas sitas en praza de España, entre a rúa Pizarro (norte), a rúa Puerto Rico (sur) e a rúa Honduras (leste).

Debe dicir:

«(...) Proposta de convenio de execución de planeamento, zona 4, praza de España, sobre as parcelas sitas en praza de España, entre a rúa Puerto Rico (norte) e a avenida de Madrid (sur e oeste)».

Ratifícase na súa integridade o resto das estipulacións/compromisos do texto do Convenio de execución de planeamento subscrito entre a Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo e a mercantil Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.A.U, e Francisco, Manuel, e Augusto Rodríguez Criado.

De conformidade co disposto no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, unha vez negociados e subscritos, os convenios someteranse ao trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, por un período mínimo dun (1) mes (artigo 168.1 da LSG).

Na seguinte ligazón poderá consultarse o convenio asinado con data do 22 de xaneiro de 2026, xunto coa certificación do acordo íntegro adoptado pola Xunta de Goberno Local do 21 de novembro de 2025 e a resolución da concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda do Concello de Vigo, do 2 de outubro de 2026:

https://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_plan_convenios.php?lang=gal

Vigo, 5 de outubro de 2026

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda