DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 10 de novembro de 2026 Páx. 56355

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

DECRETO 131/2026, do 9 de novembro, polo que se dispón que cese María de los Ángeles Vázquez Suárez como directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de novembro de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Que cese, por paso a outro destino, María de los Ángeles Vázquez Suárez como directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, nove de novembro de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar