DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 10 de novembro de 2026 Páx. 56479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto para a ampliación dunha explotación de vacún de leite no lugar de Santa Mariña, na parroquia das Maroñas, no concello de Mazaricos (A Coruña) (expediente 2025/0170).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 3 de novembro de 2026, do proxecto para a ampliación dunha explotación de vacún de leite no lugar de Santa Mariña, na parroquia das Maroñas, no concello de Mazaricos (A Coruña), promovido por Ganadería Conexo, S.C.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade