DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 10 de novembro de 2026 Páx. 56445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 16 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Monterroso (expediente IN407A 2026/065-2).

Expediente: IN407A 2026/065-2.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Proxecto para instalación de reconectador telecontrolado en apoio número 82-48 da LMTA PAL807 (Monterroso).

Concello: Monterroso.

1. Características técnicas.

– Desmontado do seccionador de tipo XS con matrícula 27H853 instalado sobre o apoio existente número 82-48 da LMTA PAL807.

– Substitución do apoio existente número 82-48 da LMTA PAL807 de tipo HV-13/400-CB-CS por un apoio metálico de celosía C-A-AL-16/2000-H35-CA.

– Retensado dos condutores existentes LA-56 sobre o apoio proxectado.

– Instalación dun reconectador telecontrolado sobre o apoio proxectado.

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se achega a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (rolda da Muralla, 70, baixo, 2º andar, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería (https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/monterroso).

Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de trinta días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Lugo, 16 de outubro de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos polo Proxecto para instalación de reconectador telecontrolado
en apoio nº 82-48 da LMTA PAL807 (Monterroso)

Concello: Monterroso.

Expediente: IN407A 2026/065-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio nº

Apoio m²

Afeccións ml aéreos

Afeccións m² aéreos

1

36

181

Carpazas

Monte alto

Descoñecido

82-48

2.0