DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 10 de novembro de 2026 Páx. 56520

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nogueira de Ramuín

ANUNCIO de notificación infrutuosa relativa á xestión de biomasa.

Non sendo posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa.

Expediente

Referencia catastral

Situación

Titular

ha afectadas pola execución subsidiaria

897/2025

32053A118001990000JE

Cerreda

Camila Pacios Gómez

0,1672

818/2025

32053A073000970000IU

32053A073000970001OI

Pombar

José Luis González González

0,3057

De conformidade co establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais, os titulares das parcelas detalladas dispoñen dun máximo de quince días naturais para a xestión de biomasa e a retirada de especies arbóreas prohibidas.

Nogueira de Ramuín, 16 de outubro de 2026

Julio Carlos Temes Pereira
Alcalde