DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 10 de novembro de 2026 Páx. 56410

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2026 pola que se activa a situación de alerta ou escaseza severa na unidade territorial de escaseza 01-Río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona, na unidade territorial de escaseza 02-Costa de Pontevedra, na unidade territorial de escaseza 11-Río Mero, Arteixo e Ría da Coruña, e na unidade territorial de escaseza 14-Ferrol.

O 2 de xuño de 2022 o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Plan especial de seca da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 1 de xullo.

O dito plan dispón que a escaseza se produce ante unha situación de redución temporal da auga dispoñible que pode poñer en risco a atención das demandas asociadas aos diferentes usos socioeconómicos.

O Plan especial de seca citado divide o territorio da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa en unidades territoriais de escaseza (UTE) (número 2 do Plan), establece os indicadores hidrolóxicos de escaseza en cada unha destas UTE (número 6.2 do plan) e fixa os limiares para a activación e desactivación dos diferentes escenarios de escaseza (número 7.2.2 do Plan).

O número 10.4.2 do Plan especial de seca determina que se debe elaborar un informe mensual no cal se analice a situación e evolución dos indicadores hidrolóxicos de escaseza previstos.

O 8 de xullo de 2026 o director de Augas de Galicia ditou resolución pola que se activou a situación de prealerta ou escaseza moderada na unidade territorial de escaseza 03-Río Lérez e Ría de Pontevedra, na unidade territorial de escaseza 10-Río Anllóns e costa da Coruña ata o límite con Arteixo, e pola que se activou a aplicación de medidas equivalentes a un escenario de prealerta ou escaseza moderada no subsistema de Baiona, situado na unidade territorial de escaseza 01-Río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona.

O 11 de agosto de 2026, a Presidencia de Augas de Galicia ditou resolución pola que se activou a situación de alerta ou escaseza severa na unidade territorial de escaseza 03-Río Lérez e Ría de Pontevedra, na unidade territorial de escaseza 10-Río Anllóns e costa da Coruña ata o límite con Arteixo, e pola que se activou a aplicación de medidas equivalentes a unha situación de alerta ou escaseza severa no subsistema de Baiona, situado na unidade territorial de escaseza 01-Río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona.

Na mesma data, do 11 de agosto de 2026, o director de Augas de Galicia ditou resolución pola que se activa a situación de prealerta ou escaseza moderada na unidade territorial de escaseza 06-Río Tambre e Ría de Muros, na unidade territorial de escaseza 9-Río Grande, Ría de Camariñas e costa da Coruña ata o Río Anllóns, na unidade territorial de escaseza 12-Río Mendo e Ría de Betanzos, e na unidade territorial de escaseza 17-Río Landro e Río Ouro.

O 10 de setembro de 2026, o director de Augas de Galicia ditou resolución pola que se activa a situación de prealerta ou escaseza moderada na unidade territorial de escaseza 14-Ferrol e pola que se activou a aplicación de medidas equivalentes a un escenario de prealerta ou escaseza moderada no subsistema de Zamáns, situado na unidade territorial de escaseza 01-Río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona.

O 24 de setembro de 2026 o director de Augas de Galicia ditou resolución pola que se activou o escenario de prealerta ou escaseza moderada na unidade territorial de escaseza 01-Río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona, na unidade territorial de escaseza 02-Costa de Pontevedra, na unidade territorial de escaseza 04-Río Umia e Ría de Arousa, marxe esquerda, e na unidade territorial de escaseza 11-Río Mero, Arteixo e Ría da Coruña.

O informe de seguimento da seca do 3 de novembro de 2026 analiza o estado da situación dos indicadores da seca en data do 15 de setembro de 2026 e constata un valor dos indicadores de escaseza correspondente á situación de alerta ou escaseza severa na unidade territorial de escaseza 01-Río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona, na unidade territorial de escaseza 02-Costa de Pontevedra, na unidade territorial de escaseza 11-Río Mero, Arteixo e Ría da Coruña, e na unidade territorial de escaseza 14-Ferrol.

O 5 de novembro de 2026 reuniuse a Oficina Técnica da Seca e propuxo a activación da situación de alerta ou escaseza severa na unidade territorial de escaseza 01-Río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona, na unidade territorial de escaseza 02-Costa de Pontevedra, na unidade territorial de escaseza 11-Río Mero, Arteixo e Ría da Coruña, e na unidade territorial de escaseza 14-Ferrol.

Coa proposta de activación da alerta na UTE01, as medidas aplicadas especificamente no subsistema de Zamáns quedan integradas nas correspondentes ao escenario formal de alerta da unidade territorial.

O número 10.4.2 do Plan especial de seca da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa dispón que a Presidencia de Augas de Galicia é o órgano competente para a activación do escenario de alerta ou escaseza severa.

De acordo co anterior, esta presidencia

RESOLVE:

Activar o escenario de alerta ou escaseza severa na unidade territorial de escaseza 01-Río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona, na unidade territorial de escaseza 02-Costa de Pontevedra, na unidade territorial de escaseza 11-Río Mero, Arteixo e Ría da Coruña, e na unidade territorial de escaseza 14-Ferrol.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2026

Nicolás Vázquez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia