DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 10 de novembro de 2026 Páx. 56442

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no grupo I, categoría titulado/a superior, convocado pola Resolución do 15 de setembro de 2026.

Mediante a Resolución do 15 de setembro de 2026, o consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) convocou un proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e polo sistema de concurso oposición, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio (DOG núm. 181, do 23 de setembro).

A base II.1.2.6 da convocatoria establece que o anuncio de realización dos exercicios se publicará no DOG e no portal web corporativo http://www.acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal , con corenta e oito (48) horas hábiles, polo menos, de antelación á sinalada para o seu inicio.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas con carácter definitivo no concurso-oposición para a realización do exercicio establecido na base II.1.1.1, na sede de ACSUG: Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n, edificio Fontán, 2º andar, 15707 Santiago de Compostela.

O chamamento terá lugar o 21 de decembro de 2026 en dúas quendas: ás 9.00 horas para o posto de técnico de profesorado e ás 12.00 horas para o posto de técnico de programas.

Segundo. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas do proceso.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas do NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro de tinta indeleble.

Cuarto. Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderán utilizar auriculares nin manipular de ningunha maneira aparellos electrónicos, tecnoloxía dixital, telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria. Está prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos.

Quinto. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar un recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2026

José Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para a
Calidade do Sistema Universitario de Galicia