DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 16 de outubro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente BS611A 2025/2655-1.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma efectuar a notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación do acto administrativo de citación a persoa interesada que se sinala no dito anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica a dita persoa interesada, por si ou a través da persoa que a represente debidamente acreditada, poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo Monelos, ala sur, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 16 de outubro de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2025/2655-1

33277397P

Citación para o
recoñecemento

11.9.2026