DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 16 de outubro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS650A (expediente 150074704).

En virtude do que dispoñen os artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación do requirimento de documentación no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícaselle o devandito requirimento ditado no procedemento competencia deste departamento territorial á persoa citada no anexo, emprazándoa para que no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do contido do devandito requirimento. Así que transcorra o prazo, de non facelo, considerarase practicada a notificación cando venza o prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, malia a notificación quedar supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese de que, por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada no prazo que se indique no requirimento unha vez notificado tras a comparecencia, procederá a suspensión, de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro (actual Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Seguridade Social).

A Coruña, 16 de outubro de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS650A

Número de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150074704

44828026Z

Requirimento de documentación

29.7.2026